Conflito nº 11. Imposto sobre o valor engadido. Actividades exentas. Desdobramento artificioso de actividade de ensino de idiomas en dúas sociedades para a dedución do IVE soportado
Para os efectos do que se dispón no artigo 206.bis da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e de acordo co que se establece no artigo 194.6 do Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, procédese a publicar copia do informe da Comisión consultiva sobre conflito na aplicación da norma relativa ao contribuínte "CXZ".
No Informe declárase que existe conflito na aplicación da norma tributaria nun suposto de creación simultánea de dúas sociedades por parte duns mesmos socios, co fin de que unha delas arrende os locais onde se desenvolve a actividade e asuma as obras necesarias para o seu acondicionamento canda outros custos e cédaos á outra sociedade, prestandolle ademais outros servizos, para que esta última exerza a actividade de ensino de idiomas.