Conflito nº 12. Imposto sobre o valor engadido. Actividades exentas. Interposición artificiosa de sociedade para a dedución do IVE soportado. Arrendamento de vivenda a particular
Para os efectos do que se dispón no artigo 206.bis da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e de acordo co que se establece no artigo 194.6 do Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, procédese a publicar copia do informe da Comisión consultiva sobre conflito na aplicación da norma relativa ao contribuínte "SM E ML, SL".
No Informe declárase que existe conflito na aplicación da norma tributaria nun suposto de interposición artificiosa dunha entidade, FFTT, SA, co fin de arrendarlle dúas vivendas contiguas e amobladas xuntos cos seus anexos, para que sexa esta última entidade quen, pola súa parte, ceda o seu uso a un particular vinculado co obrigado tributario.