Estrutura e organización territorial da Axencia Tributaria
Publicouse a Resolución do 22 de maio de 2023, da Presidencia da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se modifica a do 13 de xaneiro de 2021, pola que se establece a estrutura e organización territorial da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Por medio desta resolución:
-
A Administración de Villaverde-Usera intégrase na Administración de Sudoeste. Polo tanto, suprímese a Administración de Villaverde-Usera, que queda integrada na Administración de Sudoeste.
-
Engádese o nome da localidade da sede do Aeroporto de Alacant que se encontra en Elx na relación de Administracións de Aduanas e Impostos Especiais.
-
Plenamente operativas as Administracións de Asistencia Dixital Integral (ADI) de Valencia, Vigo e Madrid-Getafe, a Axencia Tributaria encóntrase en condicións de continuar este proceso coa creación da ADI de Granada.
A resolución entrará en vigor o 30 de setembro de 2023, agás o relativo á creación da Administración de asistencia Dixital Integral de Granada, que entrará en vigor o día 1 de xullo de 2023.
de la Presidencia de la Agencia Estatal de Administración Tributaria, por la que se modifica la de 13 de enero de 2021, por la que se establece la estructura y organización territorial de la Agencia Estatal de Administración Tributaria.