Trámite para a presentación da comunicación regulada en art. 48 RIS en relación coas operacións de reestruturación
Co obxecto de facilitar a presentación da comunicación prevista no artigo 48 do RIS para determinadas operacións de reestruturación, créase un tramite específico de presentación na sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Lémbrase que o artigo 48 do Real decreto 634/2015, do 10 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre Sociedades (RIS), establece que cando se realicen as operacións reguladas no Capítulo VII do Título VII da 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades (LIS), a entidade adquirente das operacións, non sendo que a mesma non sexa residente en territorio español en cuxo caso será a entidade transmitente, debe presentar unha comunicación á Administración tributaria. O contido desta comunicación é o previsto no artigo 49 do devandito Regulamento.
Esta comunicación deberá presentarse dentro do prazo dos tres meses seguintes á data de inscrición da escritura pública en que se documente a operación. Se a inscrición non fose necesaria, o prazo computarase desde a data en que se outorgue a escritura pública ou documento equivalente que corresponda á operación. Nas operacións de cambio de domicilio social, a comunicación deberá presentarse dentro do prazo dos tres meses seguintes á data de inscrición no rexistro do Estado membro do novo domicilio social da escritura pública ou documento equivalente en que se documente a operación.