Saltar ao contido principal

Un total de 48 países e territorios impulsan o novo estándar de intercambio de información sobre criptoactivos para 2027

Un total de 48 países e xurisdicións de todo o mundo, entre os que se encontra España, comprometéronse a traballar para a aplicación do novo estándar internacional de intercambio automático de información entre autoridades fiscais competentes sobre criptoactivos para o ano 2027.

Este novo estándar é coñecido como o Marco de Comunicación de Información sobre Criptoactivos (CARF) e a modificación do Estándar Común de Comunicación de Información (CRS), tal e como foron aprobados pola OCDE.

O CARF, que prevé o intercambio automático de información fiscal sobre as transaccións en criptoactivos de forma estandarizada, foi deseñado para garantir a transparencia fiscal no mundo fronte ao rápido desenvolvemento e crecemento do mercado de criptoactivos.

O intercambio de información é unha ferramenta clave na prevención e loita contra a fraude e a evasión fiscal, baseado na obtención e explotación eficiente de información con transcendencia tributaria.

Mediante esta declaración, as xurisdicións signatarias do Estándar Común de Comunicación de Información (CRS) comprométense tamén a poñer en marcha as modificacións do CRS acordadas pola OCDE de acordo co calendario previsto para a implantación do CARF.

Listaxe

Os 48 países e xurisdicións que se comprometeron coa sinatura da declaración conxunta sobre criptoactivos son os seguintes: Alemaña Armenia, Australia, Austria, Barbados, Bélxica, Belize, Brasil, Bulgaria, Canadá, Chile, Chipre, Corea, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estados Unidos de América, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Xapón, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, México, Noruega, Países Baixos, Portugal, Rumania, Reino Unido, República Checa, Singapur, Sudáfrica, Suecia, Suíza; Dependencias da Coroa do Reino Unido de Guernsey, Illa de Man e Xersei; e os Territorios de Ultramar do Reino Unido de Illas Caimán e Xibraltar.

Ligazóns á declaración conxunta para a rápida posta en funcionamento do CARF (en español e en inglés):

Compromiso conxunto para a implantación do CARF : versión castelá. Novembro 2023

Collective engagement to implement the Crypto-Asset Reporting Framework (CARF): english versión. November 2023