Conflito nº 13. Imposto sobre o valor engadido. Interposición de sociedade familiar para a indebida dedución do IVE soportado nunha operación compravenda de inmobles. Sociedade compradora
As operacións declaradas consisten, en primeiro lugar, na separación de dous socios (MMDD e PPAA) da entidade DSM SLU mediante a transmisión das súas participacións á sociedade, pactando o cobramento de forma adiada. En segundo lugar, acórdase unha operación de venda de inmobles pola sociedade DSM SLU a unha sociedade interposta familiar (FRP SL) de que son titulares os transmitentes das participacións e os seus fillos, determinandose o pagamento igualmente de forma adiada e acollendose DSM SLU ao réxime especial de criterio de caixa.
No Informe declárase que existe conflito na aplicación da norma tributaria ao tratarse dun suposto de interposición artificiosa dunha sociedade familiar, polo lado da compradora, co fin de deducirse improcedentemente o IVE que gravaba a operación de venda dos inmobles