Conflito nº 13bis. Imposto sobre o valor engadido. Aplicación indebida do réxime especial de criterio de caixa nunha operación de compravenda de inmobles ao contado. Sociedade vendedora
As operacións declaradas consisten, en primeiro lugar, na separación de dous socios (MMDD e PPAA) da entidade DSM SLU mediante a transmisión das súas participacións á sociedade, pactando o cobramento de forma adiada. En segundo lugar, acórdase unha operación de venda de inmobles pola sociedade DSM SLU a unha sociedade interposta familiar (FRP SL) de que son titulares os transmitentes das participacións e os seus fillos, determinandose o pagamento igualmente de forma adiada e acollendose DSM SLU ao réxime especial de criterio de caixa.
No Informe declárase que existe conflito na aplicación da norma tributaria na operativa descrita ao tratarse, polo lado da vendedora, dunha operación de venda de inmobles pactados ao contado en que se aplica indebidamente o adiamento por adiamento baixo o Réxime especial do criterio de caixa.