Publicación de copia do informe do Conflito núm. 16. Imposto sobre a Renda da Persoa Física. Interposición de sociedade familiar para a aplicación indebida da regra especial de imputación temporal de operacións a prazos ou con prezo adiado
Para os efectos do que se dispón no artigo 206.bis da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e de acordo co que se establece no artigo 194.6 do Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, procédese a publicar copia do informe da Comisión consultiva sobre conflito na aplicación da norma relativa ao contribuínte, persoa física "PPAA".
As operacións consisten, en primeiro lugar, na separación de dous socios (MMDD e PPAA) da entidade DSM SLU mediante a transmisión das súas participacións á sociedade, pactando o cobramento de forma adiada e acollendose á regra especial de imputación temporal de operacións a prazo ou con prezo adiado. Simultaneamente, acórdase unha operación de venda de inmobles pola sociedade DSM SLU a unha sociedade familiar (FRP SL) de que son titulares os transmitentes das participacións e os seus fillos, determinandose o pagamento igualmente de forma adiada.
Cabe sinalar que esta mesma operación é obxecto de análise nos informes da Comisión consultiva sobre conflito na aplicación da norma publicada cos números 13, 13 bis e 16 bis.