- Orde de módulos para 2025
No BOE do 30 de novembro publicouse a Orde HAC/1347/2024, do 28 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2025 o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido.
O prazo de renuncia ou revogación ao método de estimación obxectiva de IRPF e do réxime simplificado de IVE para 2025 poderase exercer ata o 31 de decembro de 2024 mediante a presentación da declaración censual correspondente.
Non obstante, tamén se entenderá efectuada a renuncia ao método de estimación obxectiva de IRPF cando se presente en prazo regulamentario a declaración do primeiro pagamento fraccionado de 2025 polo método de estimación directa. Igualmente, a renuncia ao réxime simplificado de IVE entenderase efectuada coa presentación en prazo regulamentario da declaración-liquidación do primeiro trimestre polo réxime xeral de IVE.
Así mesmo, esta Orde incorpora o que se dispón no Real decreto - lei 6/2024, con respecto á redución do 25 %do rendemento de módulos e da cota reportada por operacións correntes de IVE para aquelas actividades desenvolvidas nos termos municipais afectados pola DANA que tivo lugar entre os días 28 de outubro e 4 de novembro de 2024.
por la que se desarrollan para el año 2025 el método de estimación objetiva del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas y el régimen especial simplificado del Impuesto sobre el Valor Añadido.