Conflito nº 15. Imposto sobre o valor engadido. Actividades exentas. Inclusión artificiosa dunha opción de compra nun contrato de arrendamento de inmoble para a dedución de cotas de IVE soportado. Arrendamento dun inmoble a unha persoa física pola sociedade promotora baixa o seu control
Para os efectos do que se dispón no artigo 206.bis da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e de acordo co que se establece no artigo 194.6 do Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, procédese a publicar copia do informe da Comisión consultiva sobre conflito na aplicación da norma relativa ao contribuínte "SOCIEDADE C."
No Informe declárase que existe conflito na aplicación da norma tributaria nun suposto de inclusión artificiosa dunha opción de compra nun contrato de arrendamento dunha vivenda por parte da promotora da mesma, "SOCIEDADE C", ao seu socio, coa única fin de permitir a dedución das cotas soportadas pola sociedade na construción, acondicionamento e mantemento da vivenda, destinada ao gozo persoal do socio e da súa familia. A inclusión da opción de compra no contrato de arrendamento determina que este pase a estar suxeito e non exento e, polo tanto, habilite á dedución das cotas soportadas na adquisición de bens e servizos destinados á vivenda sinalada.