Saltar ao contido principal

Novas medidas urxentes para paliar os danos causados pola DANA en diferentes municipios entre o 28 de outubro e o 4 de novembro

No BOE do 12 de novembro publicouse o Real Decreto-lei 7/2024, do 11 de novembro, polo que se adoptan medidas urxentes para o impulso do Plan de resposta inmediata, reconstrución e relanzamento fronte aos danos causados pola Depresión Illada en Niveis Altos (DANA) en diferentes municipios entre o 28 de outubro e o 4 de novembro de 2024.

Entre as medidas fiscais acordadas neste Real Decreto-lei destacan as seguintes:

  • No Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas apróbase unha redución do 25 %do rendemento neto de módulos aplicables a favor das persoas que desenvolvan a súa actividade económica no método de estimación obxectiva, coa súa conseguinte translación ao cálculo dos pagamentos fraccionados correspondentes ao último trimestre de 2024.

  • Así mesmo, apróbase unha redución do 25 %sobre a cota reportada por operacións correntes para as persoas que desenvolvan a súa actividade económica no réxime simplificado de IVE.

  • Permítese a estes contribuíntes renunciar excepcionalmente a aplicar o réxime de módulos en 2024, tributando en tal caso no réxime de estimación directa simplificada, sen que esta decisión impida que o contribuínte poida volver aplicar o sistema de módulos en 2025 ou 2026.

  • A renuncia extraordinaria ao método de estimación obxectiva para 2024 poderá realizarse durante o mes de decembro de 2024 ou mediante a presentación no prazo regulamentario da declaración correspondente ao pagamento fraccionado do cuarto trimestre de 2024 na forma disposta para o método de estimación directa.

  • Amplíase o número dos beneficiarios das axudas directas a empresas e autónomos, contempladas no Real Decreo-ley 6/2024, non só a quen tivesen o seu domicilio fiscal nos municipios danados pola DANA , senón tamén para aquelas empresas ou autónomos que teñan establecementos ou explotacións nos municipios afectados, aínda que non tivesen fixado o seu domicilio fiscal nesas localidades.

  • Apróbase a exención do IBI de natureza rústica correspondente ao exercicio 2024 para predios, locais de traballo e similares, de natureza rústica, de titularidade de agricultores e gandeiros que sufrisen perdas na produción.

Real Decreto-ley 7/2024, de 11 de noviembre,

por el que se adoptan medidas urgentes para el impulso del Plan de respuesta inmediata, reconstrucción y relanzamiento frente a los daños causados por la Depresión Aislada en Niveles Altos (DANA) en diferentes municipios entre el 28 de octubre y el 4 de noviembre de 2024.