Publicación de copia do informe do Conflito nº 19. Imposto sobre o valor engadido. Actividades exentas. Interposición artificiosa de sociedade para a dedución de cotas de IVE soportado derivadas da reforma dun local. Actividade sanitaria
Para os efectos do que se dispón no artigo 206.bis da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e de acordo co que se establece no artigo 194.6 do Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, procédese a publicar copia do informe da Comisión consultiva sobre conflito na aplicación da norma tributaria relativa ao contribuínte "FUNDACIÓN".
No Informe declárase que existe conflito na aplicación da norma tributaria nun suposto de interposición artificiosa dunha sociedade, dedicada á asistencia psiquiátrica e psicolóxica, para deducir en sede da "FUNDACIÓN" as cotas de IVE soportadas derivadas da reforma dun local.