Saltar ao contido principal

Málaga presenta a súa candidatura para albergar a sede da Autoridade Aduaneira da Unión Europea (EUCA)

A Comisión Europea presentou o 17 de maio de 2023 un paquete lexislativo para a reforma da Unión Aduaneira Europea.

Dentro deste paquete, e para os efectos de mellorar a gobernación da Unión Aduaneira, prévése a creación dunha Autoridade Aduaneira Europea (EUCA) que actúe como motor e impulso das reformas contempladas.

A sede da EUCA será determinada en votación polos colexisladores (Consello e Parlamento Europeo) de acordo cun procedemento de selección transparente e taxado de acordo cunha serie de criterios fixados por convocatoria pública aprobada o pasado 16 de outubro. Estes criterios baséanse en asegurar que a autoridade Aduaneira poida de maneira efectiva exercitar as súas funcións para o cal se toman en consideración aspectos como a oferta inmobiliaria para albergar a futura axencia, a conectividade dixital e comunicacións da cidade, a oferta hoteleira, o ecosistema empresarial e educativo da cidade, etc.

De acordo con estes elementos, o Goberno de España, co apoio da Junta de Andalucía e a cidade de Málaga, presentou o 27 de novembro a candidatura para albergar a sede da EUCA , detallando todas as bondades e circunstancias que concorren, e que permitan participar neste proceso selectivo con razoables garantías de éxito.

Ademais de Málaga, presentaron candidaturas  Bélxica (Liège), Francia (Lille), Croacia (Zagreb), Italia (roma), Países Baixos (A Haia), Polonia (Varsovia), Portugal (oporto) e Romanía (Bucarest).