Modelos de declaracións informativas
No BOE do 15 de xullo publicouse a Orde HAC/747/2025, do 27 de xuño. Esta Orde aproba os seguintes modelos de declaracións informativas:
-
Modelo 196. Declaración informativa mensual de contas en toda clase de institucións financeiras e resumo anual de retencións e ingresos a conta sobre rendementos do capital mobiliario e rendas obtidas pola contraprestación derivada de contas en toda clase de institucións financeiras.
-
Modelo 181. Declaración informativa de préstamos e créditos, e operacións financeiras relacionadas con bens inmobles.
-
Modelo 170. Declaración informativa mensual das operacións realizadas polos empresarios ou profesionais adheridos ao sistema de xestión de cobramentos a través de calquera tipo de tarxetas e mediante pagamentos asociados a números de teléfono móbil.
-
Modelo 174. Declaración informativa sobre todo tipo de tarxetas.
A presentación das anteriores declaracións realizarase mediante mensaxes informáticos conforme aos anexos I, II, III e IV da presente Orde e o seu formato e deseño serán os que consten na sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
O prazo de presentación dos modelos 170 e 196 pasa a ser de carácter mensual e realizarase durante o mes natural seguinte ao que se refira a declaración, mentres que os modelos 174 e 181 conservan o seu carácter anual.
Esta Orde tamén modifica o modelo 171 - Declaración anual de imposicións, disposicións de fondos e dos cobramentos de calquera documento.
A presente orde entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2026, e será de aplicación por primeira vez, respecto dos modelos 170 e 196, para as declaracións relativas ao mes de xaneiro de 2026, que se presentarán no mes de febreiro de 2026; e no que fai aos modelos 171, 181 e 174, para as declaracións correspondentes ao exercicio 2026, a presentar en xaneiro de 2027.
Por último, a disposición adicional única desta Orde establece a forma de acreditación da condición de contribuínte do Imposto sobre a Renda de non Residentes para os efectos da aplicación da excepción á obriga de reter sobre os rendementos das contas de non residentes.
por la que se aprueba el modelo 196, Declaración informativa mensual de cuentas en toda clase de instituciones financieras y resumen anual de retenciones e ingresos a cuenta sobre rendimientos del capital mobiliario y rentas obtenidas por la contraprestación derivada de cuentas en toda clase de instituciones financieras; el modelo 181, Declaración informativa de préstamos y créditos, y operaciones financieras relacionadas con bienes inmuebles; el modelo 170, Declaración informativa mensual de las operaciones realizadas por los empresarios o profesionales adheridos al sistema de gestión de cobros a través de cualquier tipo de tarjetas y mediante pagos asociados a números de teléfono móvil, y el modelo 174, Declaración informativa sobre todo tipo de tarjetas, y se establecen las condiciones y el procedimiento para su presentación; y se modifica la Orden EHA/98/2010, de 25 de enero, por la que se aprueba el modelo 171, Declaración informativa anual de imposiciones, disposiciones de fondos y de los cobros de cualquier documento, así como los diseños físicos y lógicos para la presentación en soporte directamente legible por ordenador y se establecen las condiciones y el procedimiento para su presentación telemática.