Nota sobre os efectos, no ámbito do IRPF, do Real decreto-lei 9/2024
NOTA SOBRE OS EFECTOS, NO ÁMBITO DO IRPF, DO REAL DECRETO-LEI 9/2024, DO 23 DE DECEMBRO, POLO QUE SE ADOPTAN MEDIDAS URXENTES EN MATERIA ECONÓMICA, TRIBUTARIA, DE TRANSPORTE, E DE SEGURIDADE SOCIAL, E PRORRÓGANSE DETERMINADAS MEDIDAS PARA FACER FRONTE A SITUACIÓNS DE VULNERABILIDADE SOCIAL
Nota sobre os efectos, no ámbito do IRPF, do Real decreto-lei 9/2024
De conformidade cos criterios establecidos pola Dirección Xeral de Tributos, os efectos producidos polo Real decreto Lei 9/2024 como consecuencia da súa derrogación pola Resolución do 22 de xaneiro de 2025 do Congreso dos Deputados son os seguintes:
MÓDULOS (IRPF 2025)
Mantéñense en 2025 os límites para a aplicación do método de estimación obxectiva vixentes nos exercicios 2016 a 2024. Neste sentido a DGT establece que:
“entre os días 1 de xaneiro e 22 de xaneiro de 2025 a disposición transitoria 32ª da LIRPF , na súa redacción dada polo Real Decreto-lei 9/2024, estivo plenamente vixente sendo as magnitudes excluíntes as fixadas pola devandita disposición, polo que os contribuíntes do IRPF, de acordo cos seus ingresos e gastos de 2024, iniciaron o período impositivo coa certeza de poder determinar o seu rendemento de acordo co método de estimación obxectiva en 2025. Porén, a raíz da non validación do Real Decreto-lei, poden verse a partir do 23 de xaneiro de 2025, e ante unha circunstancia sobrevida, excluídos automaticamente do método de estimación obxectiva pasando a ter que determinar o seu rendemento en estimación directa.
Ao respecto, xa que o artigo 34.1 do Real decreto 439/2007, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e modifícase o Regulamento de Plans e Fondos de Pensións, aprobado por Real decreto 304/2004, do 20 de febreiro (BOE do día 31), establece que “a exclusión producirá efectos desde o inicio do ano inmediato posterior a aquel en que se produza a devandita circunstancia”, en prol de do principio de seguridade xurídica, e xa que a causa de exclusión se produciu de forma sobrevida como consecuencia da derrogación do Real Decreto-lei 9/2024 o 22 de xaneiro de 2025, podemos entender que os efectos da exclusión produciranse para o período impositivo 2026, podendo seguir tales contribuíntes determinando o seu rendemento neto en 2025 conforme ao método de estimación obxectiva.”
IMPUTACIÓN DE RENDAS INMOBILIARIAS (IRPF 2024).
Mánténse en 2024 a porcentaxe do 1,1 %para a imputación de rendas inmobiliarias no caso de inmobles localizados en municipios en que os valores catastrais fosen revisados, modificados ou determinados mediante un procedemento de valoración colectiva de carácter xeral, de conformidade coa normativa catastral, sempre que entrasen en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2012.
A DGT indica que: “para os efectos do IRPF de 2024, debe terse en conta a normativa en vigor na data de devindicación do Imposto, polo que será de aplicación a porcentaxe de imputación do 1,1 por cento no caso de inmobles localizados en municipios en que os valores catastrais fosen revisados, modificados ou determinados mediante un procedemento de valoración colectiva de carácter xeral, de conformidade coa normativa catastral, sempre que entrasen en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2012.
OUTRAS MEDIDAS (IRPF 2025)
É de aplicación para as devindicacións producidas entre o 1 e o 22 de xaneiro de 2025 o aumento de 1.500 a 2.500 euros do importe percibido do segundo e ulterior pagador determinante da obriga de declarar, así como a ampliación do ámbito temporal das deducións por obras de mellora da eficiencia enerxética de vivendas e por adquisición de vehículos eléctricos «enchufables» e de pila de combustible e puntos de recarga.