Saltar ao contido principal

Campaña de Renda 2024: Inicio da asistencia en oficinas

A Axencia Tributaria comeza a prestar desde o 2 ata o 30 de xuño de 2025, o servizo de confección e presentación de declaracións de Renda en oficinas, con solicitude de cita desde o 29 de maio ata o 27 de xuño de 2025, completando así a asistencia por teléfono e o plan especial de asistencia en pequenos municipios, que permite atender os contribuíntes ata o final da campaña de maneira personalizada, habilitando a súa dispoñibilidade de forma progresiva.

A ligazón de acceso ao servizo de reserva de cita para os servizos de asistencia personalizada da Campaña de Renda 2024 é o seguinte: Axencia Tributaria: Asistencia e Cita para Campaña de Renda 2024

Para mitigar unha eventual perda de citas en prexuízo do conxunto dos contribuíntes, a Axencia Tributaria lembra os cidadáns que poden anular a súa cita por calquera das vías ofrecidas para a súa obtención, se decidiron non facer uso dela .

As vías facilitadas son: Internet (con NIF/NIE ou DNI electrónico, certificado electrónico, Cl@ve PIN ou referencia), App "Axencia Tributaria ", teléfono automático (91 535 73 26 ou 901 12 12 24) ou teléfono de cita para Renda con atención persoal (91 553 00 71 ou 901 22 33 44 de luns a venres, de 9 a 19 horas).