Saltar ao contido principal

Inicio da asistencia telefónica e do plan de asistencia en pequenos municipios na Campaña de Renda 2024

A Axencia Tributaria comeza a prestar desde o 6 de maio ata o 30 de xuño de 2025, o servizo de confección e presentación de declaracións de Renda por teléfono e o plan de asistencia en pequenos municipios, ambos os dous con solicitude de cita desde o 29 de abril ata o 27 de xuño de 2025, que permite atender os contribuíntes ata o final da campaña de maneira personalizada.

O plan de asistencia en pequenos municipios habilítase para os contribuíntes con perfil de asistencia que teñan o seu domicilio fiscal nestes pequenos municipios e a residentes de vilas próximas: Listaxe de municipios. Grazas á colaboración e medios técnicos dispostos por estes concellos, os contribuíntes que reserven cita serán atendidos por persoal da Axencia Tributaria mediante videoasistencia, de maneira que recibirán a mesma atención personalizada que calquera outro contribuínte, pero nas instalacións postas á súa disposición polos concellos destes pequenos municipios.

Ligazón de acceso ao servizo de reserva de cita para os servizos de asistencia personalizada da Campaña de Renda 2024: Axencia Tributaria: Asistencia e Cita para Campaña de Renda 2024. Do mesmo xeito que nos anos anteriores, se nun momento dado o contribuínte non encontra citas dispoñibles, iso non significará que non queden citas, senón que se volverán a abrir máis citas nos días seguintes.

Ao obxecto de mitigar unha eventual perda de citas en prexuízo do conxunto dos contribuíntes, a Axencia Tributaria lembra os cidadáns que poden anular a súa cita por calquera das vías habilitadas para a súa obtención, se decidiron non facer uso dela . As vías habilitadas son: Internet (con NIF/NIE ou DNI electrónico, certificado electrónico, Cl@ve PIN ou referencia), App "Axencia Tributaria ", teléfono automático (91 535 73 26 ou 901 12 12 24) ou teléfono de cita previa para Renda con atención persoal (91 553 00 71 ou 901 22 33 44. De luns a venres, de 9 a 19 horas).