Saltar ao contido principal

Medidas complementarias urxentes 2025 para a recuperación económica e social da illa da Palma

Amplíase ao período impositivo 2025 a aplicación dunha dedución análoga á dedución por obtención de rendas en Ceuta e Melilla aos contribuíntes con residencia habitual e efectiva na illa da Palma.

Para os efectos de retencións, a devandita modificación unicamente será de aplicación aos rendementos satisfeitos a partir da entrada en vigor do Real Decreto-lei 13/2025 (27 de novembro), e prévése a regularización do tipo de retención aplicable en 2025 nos primeiros rendementos de traballo que se satisfagan a partir da súa entrada en vigor.

Por este motivo adaptouse o Servizo de Cálculo de Retencións ao devandito cambio, tendo entón, para 2025, dúas aplicacións xa dispoñibles no Portal de Retencións da Sede electrónica.