Saltar ao contido principal

Publicación de copia do informe do Conflito nº 21. Imposto sobre o valor engadido. Actividades exentas. Interposición artificiosa de sociedade para a dedución de cotas de IVE soportado

Para os efectos do que se dispón no artigo 206.bis da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e de acordo co que se establece no artigo 194.6 do Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, procédese a publicar copia do informe da Comisión consultiva sobre conflito na aplicación da norma tributaria relativa ao contribuínte, YY, SA".

A operación analizada no informe consiste na interposición artificiosa dunha sociedade, "YY SA", para deducir as cotas de IVE soportadas polas obras executadas en inmobles que son explotados pola entidade "XX SA", usuaria e beneficiaria dos mesmos para a realización da actividade de ensino. No Informe da Comisión consultiva sobre conflito na aplicación da norma tributaria conclúese que, apreciadas as operacións no seu conxunto, as mesmas son artificiosas e o seu único efecto relevante é que permiten a dedución por "YY SA" das cotas de IVE soportado que "XX SA" nunca puidese deducir, por acharse exenta de IVE a actividade de ensino, e, polo tanto, non outorgar o dereito á dedución das cotas soportadas na adquisición de bens e servizos afectos á mesma.