Publicación de copia dos informes dos Conflitos nº 20, nº 20 bis, nº 20 ter e nº 20 quater. Retencións e ingresos a conta do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Adquisición de accións propias para redución de capital. Redución de capital con devolución de achegas
Para os efectos do que se dispón no artigo 206 bis da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e de acordo co que se establece no artigo 194.6 do Regulamento Xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, procédese a publicar copia dos informes da Comisión consultiva sobre conflito na aplicación da norma tributaria.
Informe do Conflito nº 20. A operación analizada no informe consiste nunha compra de accións propias por parte de SOCIEDADE 1 a tres dos seus socios (IRMÁN 1, IRMÁN 2 e IRMÁN 3) para levar a cabo unha posterior redución de capital con amortización das accións adquiridas. A devandita operación é declarada polos socios como unha transmisión que xera unha ganancia de patrimonio, non suxeita a retención a conta. No Informe da Comisión consultiva sobre conflito na aplicación da norma tributaria conclúese que, apreciadas as operacións no seu conxunto, as mesmas son notoriamente artificiosas e impropias e delas non se derivan efectos xurídicos ou económicos relevantes distintos do aforro fiscal, sendo a operación usual ou propia unha redución de capital con devolución de achegas aos socios.
Informe do Conflito nº 20 bis. A operación analizada no informe consiste nunha compra de accións propias por parte de SOCIEDADE 1 a tres dos seus socios (IRMÁN 1, IRMÁN 2 e IRMÁN 3) para levar a cabo unha posterior redución de capital con amortización das accións adquiridas. A devandita operación é declarada polos socios como unha transmisión que xera unha ganancia de patrimonio, á que aplican a Disposición transitoria novena da Lei 35/2006 do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. No Informe da Comisión consultiva sobre conflito na aplicación da norma tributaria conclúese que, apreciadas as operacións no seu conxunto, as mesmas son notoriamente artificiosas e impropias e delas non se derivan efectos xurídicos ou económicos relevantes distintos do aforro fiscal, sendo a operación usual ou propia unha redución de capital con devolución de achegas aos socios.
Informe do Conflito nº 20 ter. A operación analizada no informe consiste nunha compra de accións propias por parte de SOCIEDADE 1 a tres dos seus socios (IRMÁN 1, IRMÁN 2 e IRMÁN 3) para levar a cabo unha posterior redución de capital con amortización das accións adquiridas. A devandita operación é declarada polos socios como unha transmisión que xera unha ganancia de patrimonio, á que aplican a Disposición transitoria novena da Lei 35/2006 do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. No Informe da Comisión consultiva sobre conflito na aplicación da norma tributaria conclúese que, apreciadas as operacións no seu conxunto, as mesmas son notoriamente artificiosas e impropias e delas non se derivan efectos xurídicos ou económicos relevantes distintos do aforro fiscal, sendo a operación usual ou propia unha redución de capital con devolución de achegas aos socios.
Informe do Conflito nº 20 quater. A operación analizada no informe consiste nunha compra de accións propias por parte de SOCIEDADE 1 a tres dos seus socios (IRMÁN 1, IRMÁN 2 e IRMÁN 3) para levar a cabo unha posterior redución de capital con amortización das accións adquiridas. A devandita operación é declarada polos socios como unha transmisión que xera unha ganancia de patrimonio, á que aplican a Disposición transitoria novena da Lei 35/2006 do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. No Informe da Comisión consultiva sobre conflito na aplicación da norma tributaria conclúese que, apreciadas as operacións no seu conxunto, as mesmas son notoriamente artificiosas e impropias e delas non se derivan efectos xurídicos ou económicos relevantes distintos do aforro fiscal, sendo a operación usual ou propia unha redución de capital con devolución de achegas aos socios.
- Conflito nº 20. Retencións e ingresos a conta do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Adquisición de accións propias para redución de capital. Redución de capital con devolución de achegas (372 kB- pdf )
- Conflito nº 20 bis. Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Adquisición de accións propias para redución de capital. Redución de capital con devolución de achegas (844 kB- pdf )
- Conflito nº 20 ter. Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Adquisición de accións propias para redución de capital. Redución de capital con devolución de achegas (376 kB- pdf )
- Conflito nº 20 quater. Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Adquisición de accións propias para redución de capital. Redución de capital con devolución de achegas (840 kB- pdf )