Saltar ao contido principal

Solución Pública de Facturación Electrónica (SPFE)

O día 5 de outubro publicouse no BOE a Orde HAC/1028/2026, do 2 de outubro, pola que se regula a solución pública de facturación electrónica, de acordo co que se dispón na disposición final terceira do Real decreto 238/2026, do 25 de marzo, polo que se desenvolve o sistema de facturación electrónica obrigatoria entre empresarios e profesionais e polo que se modifica o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, aprobado polo Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro.

A orde entra en vigor o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial do Estado, isto é o 6 de outubro de 2026. A súa entrada en vigor dá inicio ao cómputo dos prazos previstos na disposición final oitava da Lei 18/2022, do 28 de setembro e no Real decreto 238/2026, do 25 de marzo, concretamente, nas disposicións transitorias primeira a terceira, e na disposición final cuarta.

Desde o momento da entrada en vigor da Orde (06/10/2026), a aplicación efectiva das obrigas queda diferida nos seguintes termos, contados desde o 6 de outubro de 2026:

  • Aos 12 meses (06/10/2027): Empresarios e profesionais con volume de operacións > 8 millóns € : obriga de expedir, remitir e recibir factura electrónica, e obriga de informar sobre os estados da factura e os pagamentos.

  • Aos 24 meses (06/10/2028): Resto de empresarios e profesionais: obriga de expedir, remitir e recibir factura electrónica. E, para as persoas xurídicas con volume inferior ou igual a 8 millóns de euros: tamén a obriga de informar sobre os estados das facturas e pagamentos.

  • Aos 36 meses (06/10/2029): Persoas físicas e entidades en réxime de atribución de rendas: obriga de informar sobre os estados das facturas e pagamentos.

Para máis información, publicouse o seguinte contido: Solución Pública de Facturación Electrónica

Orden HAC/1028/2026, de 2 de octubre,

por la que se regula la solución pública de facturación electrónica, de acuerdo con lo dispuesto en la disposición final tercera del Real Decreto 238/2026, de 25 de marzo, por el que se desarrolla el sistema de facturación electrónica obligatoria entre empresarios y profesionales y por el que se modifica el Reglamento por el que se regulan las obligaciones de facturación, aprobado por el Real Decreto 1619/2012, de 30 de noviembre.