Medidas complementarias urxentes 2026 para a recuperación económica e social da illa da Palma
Amplíase ao período impositivo 2026 a aplicación dunha dedución análoga á dedución por obtención de rendas en Ceuta e Melilla aos contribuíntes con residencia habitual e efectiva na illa da Palma.
Para os efectos de retencións, a devandita modificación unicamente será de aplicación aos rendementos satisfeitos a partir da entrada en vigor do Real Decreto-lei 23/2026 (10 de setembro), e poderase optar por regularizar o tipo de retención aplicable en 2026 nos primeiros rendementos de traballo que se satisfagan a partir do 10 de setembro (aos que resulte de aplicación o procedemento xeral de retención a que se refire o artigo 82 do Regulamento do IRPF), ou ben regularizar a partir do mes seguinte á entrada en vigor (outubro 2026), en cuxo caso os rendementos satisfeitos antes desa data calcularanse sen ter en conta a dedución.
Por este motivo adaptouse o Servizo de Cálculo de Retencións ao devandito cambio, tendo entón, para 2026, dúas aplicacións xa dispoñibles no Portal de Retencións da Sede electrónica.
- Principais novidades tributarias introducidas polo Real Decreto-lei 23/206 (131 kB- pdf )
- Real Decreto-ley 23/2026, de 8 de septiembre,
por el que se adoptan medidas fiscales y financieras urgentes que contribuyan a la reconstrucción económica y social de la isla de La Palma, así como medidas tendentes a promover la ejecución de inversiones por parte de las comunidades autónomas que han registrado superávits presupuestarios y excesos de financiación pendientes de aplicar de ejercicios anteriores a 2026.