Saltar ao contido principal

Medidas fiscais e tributarias introducidas polo Real Decreto-lei 26/2026

(Norma non validada por Acordo do Congreso dos Deputados publicado por Resolución do 2 de outubro de 2026)

No BOE do 30 de setembro publicouse o Real Decreto-lei 26/2026, do 29 de setembro, polo que se adoptan medidas urxentes para a protección da función social da vivenda e a ampliación da oferta de vivenda accesible.

O Título II do devandito Real Decreto-lei introduce importantes modificacións no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. Así, modifícanse as reducións nos rendementos netos positivos de capital inmobiliaria que poden chegar ao 100 %en determinados supostos. Tamén se introduce unha dedución por alugamento da vivenda habitual do 10 %para contribuíntes cuxa base impoñible sexa inferior a 33.007,20 euros anuais. Así mesmo, introdúcese unha exención na ganancia patrimonial obtida na transmisión onerosa dunha vivenda a entes públicos territoriais e aqueloutros organismos públicos e empresas ou sociedades mercantís pertencentes ao sector público, cuxa finalidade é a promoción e a xestión de vivenda social e accesible.

Para coñecer máis detalles sobre estas e outras medidas fiscais e tributarias en materia de vivenda pode consultarse este Real Decreto-lei.

  • Resolución de 2 de octubre de 2026,

    del Congreso de los Diputados, por la que se ordena la publicación del Acuerdo de derogación del Real Decreto-ley 26/2026, de 29 de septiembre, por el que se adoptan medidas urgentes para la protección de la función social de la vivienda y la ampliación de la oferta de vivienda asequible.

  • Real Decreto-ley 26/2026, de 29 de septiembre,

    por el que se adoptan medidas urgentes para la protección de la función social de la vivienda y la ampliación de la oferta de vivienda asequible.