Novas medidas no marco do Plan Integral de Resposta á Crise en Oriente Medio
No BOE do 30 de setembro publicouse o Real Decreto-lei 25/2026, do 29 de setembro, polo que se adoptan e prorróganse determinadas medidas no marco do Plan Integral de Resposta á Crise en Oriente Medio.
Entre as medidas tributarias contidas neste Real Decreto-lei destacan:
-
Rebaixa no Imposto sobre Hidrocarburos de 20 céntimos por litro no mes de outubro, de 13 céntimos en novembro e de 6 céntimos en decembro. Estes descontos serán aplicables nas subministracións de gasolina sen chumbo e gasóleo e variarán en función dos datos do IPC de setembro, que se supera nun 15 %o dato do mesmo mes do ano anterior provocará que a rebaixa continúe nos 20 céntimos en novembro e pase aos 13 céntimos en decembro. Os 20 céntimos de desconto poderíanse aplicar tamén en decembro, sempre que o IPC do mes de outubro de 2026 sexa un 15% superior ao do mesmo mes do ano anterior.
-
No Imposto sobre o Valor Engadido establécese unha rebaixa do IVE do 21 ao 10 %para os meses de novembro e decembro de 2026 nas subministracións de electricidade (consumidores que teñan contratada unha potencia menor ou igual a 10 kw e perceptores do bono social) e gas natural, briquetas e «pellets» procedentes da biomasa e á madeira para leña. A rebaixa impositiva para o mes de novembro está condicionada a que o IPC da electricidade e do gas natural do mes de setembro de 2026 supere en 15 puntos o IPC de setembro do ano anterior. Mentres que a rebaixa do IVE no mes de decembro está condicionada está condicionada a que o IPC da electricidade e do gas natural do mes de outubro de 2026 supere en 15 puntos o IPC de outubro do ano anterior.
-
No Imposto sobre a electricidade tamén se prevé a posibilidade de rebaixar o tipo impositivo do 5,1 ao 0,5 %cando o IPC da electricidade nos meses de setembro e outubro de 2026 supere en 15 puntos o IPC de ess mesmos meses do ano anterior.
Así mesmo, este Real Decreto-lei amplía do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2026 a axuda extraordinaria e temporal para sufragar o prezo do gasóleo consumido polos produtores agrarios previstos no artigo 46 do Real Decreto-lei 7/2026 e a axuda extraordinaria e temporal para sufragar o prezo do gasóleo consumido polos titulares dos vehículos que teñen dereito á devolución parcial do Imposto sobre Hidrocarburos polo gasóleo de uso profesional.
Por último, o artigo 30 deste Real Decreto-lei establece un sistema de axudas directas para profesionais do transporte terrestre por estrada que, respecto dos seus vehículos, non poidan ser beneficiarios da devolución parcial do Imposto sobre Hidrocarburos previstos no artigo 52 bis da Lei 38/1992.
- Real Decreto-ley 25/2026, de 29 de septiembre,
por el que se adoptan y se prorrogan determinadas medidas en el marco del Plan Integral de Respuesta a la Crisis en Oriente Medio.
- Cartel informativo sobre as rebaixas para o mes de outubro dos tipos impositivos do Imposto sobre Hidrocarburos previstos no Real Decreto-lei 25/2026 (254 kB- pdf )