Importe neto da cifra de negocios dos doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo
Para os períodos impositivos iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2019, deberase incluír nos supostos que se sinalan a continuación, información sobre o importe neto da cifra de negocios dos doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo no cadro «Importe neto da cifra de negocios dos doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo» da páxina 21 do modelo 200. Aínda que este dato xa se solicitaba no formulario de axuda e nos deseños de rexistro para presentación directa, ata o exercicio 2019 non se recolle de forma visual no modelo 200.
Formalización do cadro «Importe neto da cifra de negocios dos doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo» da páxina 21 do modelo 200
O contribuínte deberá informar neste cadro sobre o importe neto da cifra de negocios dos doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo para os efectos de determinar, se procede, os límites ás correccións contables das dotacións ás que se refire o artigo 11.12 da LIS (recadro [00211]), á compensación de bases impoñibles negativas (recadro [00547]), á compensación de cotas por perdas das cooperativas (recadro [00561]), ás deducións por dobre imposición interna prevista no artigo 30 do RDLeg. 4/2004 e no DT 23ª da LIS (recadros [00570], [01344] e [01280]), ás deducións por dobre imposición internacional dos artigos 31 e 32 do RDLeg . 4/2004 e 31 e 32 da LIS (recadros [00572], [00571], [00573]) e / ou á dedución por transparencia fiscal internacional do artigo 100.11 da LIS (recadro [00575]).
Con esta finalidade, cando o contribuínte proceda a cubrir algunha dos seguintes recadros: [00211], [00547], [00561] [00570], [01344], [01280], [00572], [00571], [00573] e [00575] (agás nos supostos en que xa se cubrise o cadro previamente ou con ocasión da formalización dos restantes recadros en que se pide a información dese dato), abrirase unha xanela de desagregación en que se deberá indicar unha das situacións seguintes:
-
Contribuínte cuxo importe neto da cifra de negocios (INCN) sexa inferior a 20 millóns de euros durante os doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo.
-
Contribuínte cuxo importe neto da cifra de negocios (INCN) sexa polo menos de 20 millóns de euros, pero inferior a 60 millóns de euros durante os doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo.
-
Contribuínte cuxo importe neto da cifra de negocios (INCN) sexa polo menos de 60 millóns de euros durante os doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo.
A opción marcada polo usuario trasladarase ao cadro «Importe neto da cifra de negocios dos doce meses anteriores á data de inicio do período impositivo» da páxina 21 do modelo 200.
Para ter en conta:
A opción indicada polo contribuínte tera en contase para o cálculo do importe do resto dos recadros que precisen coñecer este dato, polo que unha vez cumprimentado o cadro da páxina 21, cando se acceda ao resto de recadros que precisen o devandito cálculo, non se volverá a mostrar a xanela de desagregación. Non obstante, accedendo ao cadro da páxina 21, poderase modificar a opción elixida.