Guías técnicas
Axudámosche na presentación telemática das túas distintas operacións sobre o comercio exterior
Presentación de Declaración de Valixa Diplomática
O Departamento de Aduanas e Impostos Especiais da Axencia Estatal da Administración Tributaria, en prol de de obter a maior axilidade na tramitación, ofrece a posibilidade ás compañías aéreas de comunicar os envíos que cumpran cos requisitos establecidos no Convenio de Viena de Valixa Diplomática por medios electrónicos.
Mediante a utilización dun sistema de Telecomunicacións, e usando o estándar EDIFACT, é posible a presentación telemática das comunicacións de envíos de Valixa Diplomática.
Procedemento
Cómpre que o operador este autorizado pola Aduana para a presentación destas comunicacións.
A transmisión telemática do ficheiro EDIFACT/CUSDEC realízase a través de Internet, co único requisito de ter sinatura electrónica que cumpra cos requisitos previstos na Orde HAP/800/2014. Para máis información sobre a súa obtención e uso, consultar aquí.
É posible coñecer a situación en que se encontra o envío telemático dunha declaración, sempre que se recibise no sistema de información da Aduana. Para acceder á consulta cómpre identificarse mediante sinatura electrónica. Por razóns de seguridade unicamente poderanse visualizar as declaracións presentadas polo titular do certificado.
O sistema establece a posibilidade do envío da declaración mediante mensaxes EDIFACT / CUSDEC. A Guía Técnica para a elaboración da mensaxe das Comunicacións de Valixa Diplomática (Mensaxes CUSDEC, con resposta CUSRES), pode descargarse en formato PDF.
Actualizado a 16-09-2013