Guías técnicas
Axudámosche na presentación telemática das túas distintas operacións sobre o comercio exterior
Proba de estatuto aduaneiro da mercadoría (POUS)
A xustificación do estatuto aduaneiro das mercadorías da Unión pódese realizar, entre outros, a través da presentación do documento T2L ou T2LF (para o caso de mercadorías con destino a ou procedentes dunha parte do territorio aduaneiro na que non se apliquen as disposicións da Directiva 2006/112/CE).
As presentes Guías técnicas recollen as mensaxes do dominio externo (comunicación entre o Operador Económico e a Axencia Tributaria), así como os datos que hai que cubrir para a correcta presentación dos documentos T2L ou T2LF.
Así mesmo éxpónse as distintas situacións que poden ter lugar na expedición/recepción dos documentos anteriores en función de que as aduanas de saída e de chegada sexan españolas ou pertencentes a outro estado membro da Unión Europea."