Guías técnicas
Axudámosche na presentación telemática das túas distintas operacións sobre o comercio exterior
Presentación de Declaracións Sumarias de Descarga
A Orde EHA/1217/2011 establece que a Declaración Sumaria de Depósito Temporal (DSDT) debe ser presentada por medios electrónicos. Para iso debe utilizarse o estándar EDIFACT seguindo as especificacións previstas nas Guías Técnicas indicadas a continuación.
No tráfico marítimo, a DSDT debe presentarse a través da Autoridade Portuaria segundo o previsto na Orde EHA/1217/2011, sendo a devandita Autoridade a encargada de desenvolver e publicar as guías técnicas correspondentes.
Procedemento
A transmisión telemática do ficheiro EDIFACT /CUSDEC realízase a través de Internet, co único requisito de ter sinatura electrónica que cumpra cos requisitos previstos na Orde HAP/800/2014. Para máis información sobre a súa obtención e uso, consulta o apartado correspondente nesta ligazón.
É posible coñecer a situación en que se encontra un envío dunha unha declaración, sempre que se recibise no sistema de información da Aduana. Para acceder á consulta cómpre utilizar un dos sistemas de identificación electrónica previstos na Orde HAP/800/2014 citada. Por razóns de seguridade unicamente poderanse visualizar os envíos realizados polo titular do certificado.
Tamén existen consultas na sede dlectrónica das declaracións xa aceptadas que poderá realizar o declarante, así como consultas de determinados datos da DSDT de interese para outros operadores ás que poden acceder coa súa propia sinatura electrónica.