Mecanismo de Axuste en Fronteira por Carbono (CBAM)
Coñece o sistema que utiliza a UE para a importación de bens procedentes de fóra da UE, que fixa un prezo xusto ao carbono emitido durante a produción e que propicia unha enerxía máis limpa. Así como o mecanismo que hai que realizar en fronteira por risco de fuga deste carbono.
Elementos clave
Sobre os requisitos de notificación e a metodoloxía prévése certa flexibilidade no que fai aos valores utilizados para calcular as emisións incorporadas ás importacións durante a fase transitoria.
Durante o primeiro ano de aplicación, as empresas poderán elixir entre tres modalidades de notificación:
- notificación completa de acordo coa nova metodoloxía (método da UE );
- notificación baseada en sistemas nacionais equivalentes de terceiros países;
- notificación baseada en valores de referencia.
A partir do 1 de xaneiro de 2025, só se aceptará o método da UE.
A Comisión tamén está desenvolvendo ferramentas informáticas específicas para axudar os importadores a realizar e notificar estes cálculos, así como material de formación e titoriais para apoiar as empresas cando comece o mecanismo transitorio, a partir do 1 de outubro de 2023.
Antes da entrada en vigor do sistema definitivo o 1 de xaneiro de 2026, levarase a cabo unha revisión do funcionamento do CBAM durante a súa fase transitoria. Ao mesmo tempo, revisarase o ámbito de aplicación dos produtos para avaliar a viabilidade de incluír outros bens producidos en sectores cubertos polo RCDE no ámbito de aplicación do mecanismo CBAM. O informe incluirá un calendario coa súa inclusión para 2030.