Mercadorías afectadas por controis doutros Ministerios
Se vas realizar operacións de comercio exterior, consulta se as túas mercadorías poden necesitar algunha certificación ou autorización especial doutros organismos públicos...
Medicamentos e Produtos Sanitarios
A importación e a exportación dalgunhas partidas de medicamentos e produtos sanitarios está sometida a control sistemático en fronteira exterior. A relación completa de produtos afectados pódese encontrar no Anexo da Orde SPI/2136/2011, do 19 de xullo, pola que se fixan as modalidades de control sanitario en fronteira pola inspección farmacéutica e regúlase o Sistema Informático de Inspección Farmacéutica de Sanidade Exterior e Real decreto 824/2010, do 25 de xuño, polo que se regulan os laboratorios farmacéuticos, os fabricantes de principios activos de uso farmacéutico e o comercio exterior de medicamentos e medicamentos en investigación e as súas posteriores modificacións.
Podes contactar coa Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios en: sgps@aemps.es