Mercadorías afectadas por controis doutros Ministerios
Se vas realizar operacións de comercio exterior, consulta se as túas mercadorías poden necesitar algunha certificación ou autorización especial doutros organismos públicos...
Pesca Ilegal
A normativa comunitaria e nacional para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, esixe a presentación dun certificado de captura á autoridade competente para a súa validación e emisión dunha autorización pesqueira, como requisito previo á introdución dos produtos da pesca afectada, no Territorio Aduaneiro da Unión, así como para a reexportación e exportación en determinados supostos.
Pode contactar coa Subdirección Xeral de Control e Inspección e Loita contra a Pesca Ilegal do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en: indnr_pes@mapa.es
Para exportación de especies capturadas en augas internacionais e en augas de terceiros países: buzon-acorpexp@mapa.es e para especies capturadas en caladoiro nacional ou noutras augas comunitarias: bzn-exportaciones@mapa.es