Depósito e almacenaxe de mercadorías
Coñece as mercadorías non UE que poden introducirse nos distintos tipos de depósito que existen
Os réximes especiais de depósito
Que entendemos por réximes especiais de depósito e cales son?
Trátase de dous réximes aduaneiros que permiten a almacenaxe de mercadorías non pertencentes á Unión, sen que estean suxeitas a:
- a dereitos de importación,
- outros gravames prescritos por outras disposicións pertinentes en vigor,
- a medidas de política comercial na medida en que non prohiban a entrada de mercadorías no territorio aduaneiro da Unión ou a súa saída del .
Os réximes especiais de depósito divídense en dous:
- o réxime especial de DEPÓSITO ADUANEIRO
- o réxime especial de ZONA FRANCA
Ademais, as mercadorías da Unión poderán incluírse no réxime de depósito aduaneiro ou de zona franca de acordo coa lexislación da Unión reguladora de ámbitos específicos, ou co fin de beneficiarse dunha decisión que conceda a devolución ou condonación dos dereitos de importación.