Tránsito da Unión e Tránsito común
Coñece as normas de inclusión da mercadoría no réxime de tránsito
O documento de transporte electrónico como declaración de tránsito (ETD)
Introdución
A utilización do documento de transporte electrónico como declaración de tránsito da Unión/común para mercadoría transportada por vía aérea e como declaración de tránsito da Unión para mercadoría transportada por vía marítima (en diante ETD) é unha da simplificacións previstas para o réxime de tránsito no artigo 233.4 do Regulamento (UE) 952/2013 e desenvolvida nos artigos 199 e 200 do Regulamento Delegado (UE) 2015/2446 e nos artigos 319 e 320 do Regulamento de Execución (UE) 2015/2447 e no artigo 55 do Apéndice I do Convenio Común de tránsito.
De conformidade co disposto no artigo 24 do Regulamento Delegado (UE) 2016/341 esta simplificación resultará aplicable a partir de 1 de maio de 2018 e substituirá ao uso dun procedemento de tránsito común/da Unión baseado na utilización dun manifesto electrónico para mercadorías transportadas por aire e ao uso dun procedemento de tránsito da Unión baseado na utilización dun manifesto electrónico para mercadorías transportadas por mar (aplicable ata o 30 de abril de 2018), actuais niveis II aire e mar.
O documento de transporte electrónico -ETD é un documento no que figuran as mercadorías que se cargan nun buque ou aeronave.Así pois, para os efectos de tránsito, o devandito documento serve como declaración de tránsito común/da Unión, sempre que conteña os elementos de datos establecidos nos anexos B-6a e A1a, apéndice III, do CTC / Columna D3 Anexo B-RDCAU e a compañía marítima/aérea dispoña dunha autorización concedida polas autoridades aduaneiras competentes.
A autorización concederase sempre que se verifique o cumprimento dos seguintes requisitos:
O solicitante está establecido no territorio dunha parte contratante/territorio aduaneiro da Unión.
O solicitante declara que vai utilizar regularmente o réxime de tránsito común/da Unión.
O solicitante cumpre os criterios establecidos no artigo 39, letras a), b) e d) do Regulamento (UE) 952/2013.
O solicitante opera un número significativo de voos/travesías entre aeroportos/portos da Unión
Estas autorizacións solicitaranse a través das xestións desta mesma páxina.
Por ultimo, indicarlle que no suposto de que o 1 de maio de 2018 non dispoña da preceptiva autorización poderá utilizar no seu lugar o procedemento de tránsito normalizado NCTS.Neste caso deberá de dispoñer dunha autorización de garantía global ou dispensa de garantía.
Procedemento na alfándega de partida de tránsito
A alfándega de partida do tránsito é aquela que acepta as declaracións que inclúen as mercadorías no réxime de tránsito.
De conformidade co artigo 6, apartado 1 do CAU, todos os intercambios de información entre as autoridades aduaneiras e entre os operadores económicos e as autoridades aduaneiras, efectuaranse utilizando técnicas de tratamento electrónico de datos.Esta norma aplícase tamén á utilización do documento de transporte electrónico como declaración de tránsito.
A simplificación ETD baséase enteiramente no modo en que se presenta a declaración de tránsito e os datos contidos nesta.En todos os demais aspectos, o ETD debe tratarse como calquera outra declaración en alfándega.Debe respectarse o marco xurídico detallado sobre as declaracións de alfándega indicado no CTC no CAU e nos seus regulamentos de desenvolvemento ao non prever a lexislación ningunha norma especial para un procedemento simplificado de tránsito ETD.
O ETD utilizado como declaración de tránsito poñerase a disposición da alfándega de partida para que as autoridades aduaneiras poidan efectuar unha avaliación do risco ou, no seu caso, un control das mercadorías antes de que estas poidan ser despachadas e obter o levante para o tránsito.
Polo tanto, os datos do ETD (D3) deben de ser enviados e estar dispoñibles na alfándega de partida antes da saída do medio de transporte (buque, avión).
O envío do ETD realizarase por vía electrónica de conformidade coas especificacións que figuran nas Xestións desta mesma páxina
O momento no que se produza a saída do medio de transporte considerarase o momento de levante da mercadoría para o réxime de tránsito.
A utilización do ETD como declaración de tránsito non está suxeita á achega dunha garantía.
Procedemento na alfándega de destino do tránsito
A alfándega de destino do tránsito é aquela na que se presentan as mercadorías incluídas na declaración de tránsito ao obxecto de finalizar o réxime aduaneiro.
Os datos do ETD comunicados á alfándega de partida do tránsito deben de coincidir cos datos comunicados á alfándega de destino do tránsito.
Cando esta alfándega de destino estea situada en territorio nacional, a comunicación á devandita alfándega dos datos do ETD realizarase mediante a presentación da declaración sumaria de depósito temporal (DSDT) de forma análoga ao procedemento establecido na actualidade.