Tránsito da Unión e Tránsito común
Coñece as normas de inclusión da mercadoría no réxime de tránsito
Procedemento de tránsito ao abeiro dun caderno TIR.Concepto
O Convenio TIR defínese como un acordo Internacional que permite o transporte dunha mercadoría dende a alfándega de exportación dun país ata a alfándega de destino doutro país, sen ter que realizar trámites aduaneiros en cada fronteira distintos aos previstos no devandito Convenio, sobre a base de que, os cadernos TIR amparan estes transportes, garantindo o pagamento da débeda aduaneira e tributaria da mercadoría transportada polas sociedades garantes.O caderno TIR é unha declaración aduaneira para o transporte de mercadorías e constitúe a proba da existencia da garantía.Na actualidade, a Unión Internacional de Transporte por Estrada (IRU) é a encargada de proporcionar os cadernos TIR ás asociacións garantes nacionais.