APP Cl@ve en Android
Saltar índice da informaciónAxuda
Na APP Cl@ve tes varios apartados que che servirán de axuda con información sobre o uso e formas de contacto co soporte da APP .

-
Asistencia e soporte
Desde este apartado entrando a "Formulario para incidencias ou soporte da APP "podes contactar co soporte da APP para realizar unha consulta ou dar a coñecer unha incidencia. Ao final do formulario tes a opción de anexar un ficheiro para documentar a túa incidencia achegando a captura ou gravación da pantalla.
Ademais desde "Teléfono para soporte a cuestións técnicas" conéctache coa web da AEAT onde che mostramos os teléfonos de información dispoñibles para dúbidas ou cuestións informáticas.

-
Información
Neste apartado podes acceder aos titoriais de axuda sobre a descarga e instalación, a activación do dispositivo ou o funcionamento da APP en "Axuda sobre a APP".

Desde "Coñece Cl@ve" accedes ao portal xeral de Cl@ve.

Tamén tes acceso aos "Vídeos de Cl@ve" que se encontran publicados na canle da Axencia Tributaria en Youtube.

-
Valorar a APP
A opción "Valorar a APP" enlaza co market de aplicacións de Play Store onde podes valorar a APP e escribir unha recensión.
