APP Cl@ve en Android
Saltar índice da informaciónXestións
A APP Cl@ve integra tamén a xestión de servizos relacionados con Cl@ve. Na icona da consulta de cada opción pode encontrar unha descrición de cada unha delas.
Se se trata dun dispositivo que non está activado mostrarase a opción "Iniciar sesión" para activar o dispositivo. Introduce o teu DNI o NIE e o dato de contraste e pulsa "CONTINUAR".

Se non estás rexistrado a APP dáche opción a rexistrarte de forma inmediata mediante videoidentificación, con certificado electrónico ou presencialmente nunha oficina de rexistro. Se xa estás rexistrado en Cl@ve poderás identifícarte cun código por SMS ou con certificado electrónico.

Se se trata dun dispositivo que xa está activo, a opción será a de desactivación do dispositivo pulsando "Pechar sesión".


Xestións dispoñibles na APP Cl@ve:
Os meus datos en Cl@ve
Este apartado permíteche consultar o DNI o NIE dado de alta no sistema Cl@ve. Por defecto, algúns díxitos do usuario aparecen con asteriscos por seguridade, non obstante, podes seleccioner se facelo visible ou ofuscalo para a APP pulsando sobre a icona "Mostrar".

Dende a "Área persoal", situado na icona da parte superior dereita podes acceder á consulta dos teus datos en Cl@ve e pechar a sesión. Se cierrras sesión, a próxima vez que abras a APP deberás iniciar sesión introducindo novamente os teus datos identificativos e activando o dispositivo cun SMS ou certificado electrónico.

Ademais, tes estas outras opcións:
Modificar o número de teléfono asociado a Cl@ve: podes efectuar este cambio se tes o certificado electrónico instalado no dispositivo. Tamén podes cambiar o número de teléfono presencialmente nunha oficina de rexistro.

Modificar o correo electrónico asociado a Cl@ve: Deberás identificarte co teu DNI o NIE e o dato de contraste: data de validez ou de expedición do DNI ou número de soporte en caso de NIE. Pulsa "Continuar".

Despois solicítase o factor de seguridade que teña establecido o usuario para o dispositivo e solicitarase o número de soporte do teu documento de identidade. Na parte inferior tes dous enlaces de axuda para encontrar o número de soporte no teu documento de identidade e que facer se o teu documento non ten número de soporte. Unha vez introducido o número de soporte accédese ao formulario para modificar o correo electrónico.

Obter un nivel de seguridade superior en Cl@ve: para subir o rexistro en Cl@ve ao nivel alto que requiren algúns organismos tamén necesítase certificado electrónico. Tamén podes obter un nivel superior de rexistro en Cl@ve presencialmente nunha oficina de rexistro.

Renunciar a Cl@ve: requirirase o factor de desbloqueo do teu dispositivo móbil (pegada, patrón, Pin, etc).


Nota: Tras a renuncia, poderás rexistrarte de novo presencialmente, mediante videoidentificación ou con certificado electrónico dende a APP Cl@ve.
As miñas peticións de Cl@ve Móbil
O acceso permíteche consultar as solicitudes de autenticación con Cl@ve Móbil que realizases mostrando a data, hora, organismo solicitante e se foi confirmada. Previamente deberás desbloquear o dispositivo (pin, patrón, pegada, recoñecemento facial, etc.)

Podes establecer filtros segundo o estado e tipo de código, o organismo solicitante e as datas dende/ata da solicitude. Na icona das raias, podes establecer a orde en que se mostren as peticións.

Cl@ve Permanente
Inclúe as seguintes xestións relacionadas con "Cl@ve Permanente":

Rexenerar código de activación de Cl@ve Permanente. Indica o dato de contraste solicitado en función do documento (data do DNI ou número de soporte do NIE), confirma o factor de autenticación do dispositivo e accederás ao servizo de rexeneración do código de activación para Cl@ve Permanente.


Xestionar contrasinal de Cl@ve Permanente. Permite realizar un cambio de contrasinal, recuperar un contrasinal esquecido ou dar de baixa o usuario de Cl@ve Permanente.

Cl@ve Firma
Neste apartado encontrarás os servizos de renovación e revogación de Cl@ve Firma.
A opción "Renovar rexistro nivel alto para Cl@ve Firma con DNI electrónico" (actualmente non se encontra dispoñible) permite renovar o rexistro avanzado en Cl@ve mediante DNI electrónico para seguir utilizando a firma electrónica en trámites oficiais. É necesario cada cinco anos para manter a validez do certificado e garantir o acceso seguro a servizos públicos.

A propia aplicación ofréceche os pasos a seguir para o uso do DNIe no teu dispositivo. Activa a tecnoloxía NFC, introduce o número CAN do teu DNI e pega o DNIe ao dispositivo móbil cando cho indique, non o retires mentres non se complete o proceso.
Dende "Revogar o certificado de Cl@ve Firma"Podes revogar o certificado electrónico centralizado asociado a Cl@ve Firma.

