APP Cl@ve en iOS
Saltar índice da informaciónXestións
A APP Cl@ve integra tamén a xestión de servizos relacionados con Cl@ve. Na icona da interrogación de cada opción podes encontrar unha descrición de cada unha delas .
Se se trata dun dispositivo que non está activado ofrece opcións para o rexistro en Cl@ve e para a activación do dispositivo.


Se se trata dun dispositivo que xa está activo, a opción será a de desactivación do dispositivo.


Desde a "Área persoal", situado na icona da parte superior dereita podes acceder á consulta dos teus datos en Cl@ve e pechar a sesión. Se pechas sesión, a próxima vez que abras a APP deberás iniciar sesión introducindo novamente os teus datos identificativos e activando o dispositivo cunha SMS ou certificado electrónico.

O menú "Os meus datos en Cl@ve" permíteche consultar o DNI ou NIE dado de alta no sistema Cl@ve. Por defecto, algúns díxitos do usuario aparecen con asteriscos por seguridade; non obstante, podes seleccioner se facero visible ou ofuscarlo para a APP pulsando sobre a icona "Mostrar".

Ademais, tes estoutras opcións:
- Modificar o número de teléfono asociado a Cl@ve: podes efectuar este cambio se tes o certificado electrónico instalado no dispositivo. Tamén podes cambiar o número de teléfono presencialmente nunha oficina de rexistro.

- Modificar o correo electrónico asociado a Cl@ve: neste caso solicitarase o dato de contraste: data de validez ou de expedición do DNI ou número de soporte en caso de NIE.
Despois solicítase o factor de seguridade que teña establecido o usuario para o dispositivo e accédese ao formulario para modificar o correo electrónico.

- Obter nivel avanzado: A APP infórmache do teu nivel de rexistro, se tes un nivel de básico, aparece a opción "Obter nivel avanzado" para poder acceder ás xestións que o requiran noutros organismos. Cómpre dispor de certificado electrónico ou acudir presencialmente a unha oficina de rexistro para obter este nivel avanzado.

- Renunciar a Cl@ve: requírese o factor de desbloqueo do dispositivo.

Nota: Tras a renuncia, poderás rexistrarche de novo presencialmente ou con certificado electrónico a través da APP ou na páxina web.
O acceso "As miñas peticións de Cl@ve Móbil" permíteche consultar as solicitudes de autenticación con Cl@ve Móbil que realizases mostrando a data, hora, organismo solicitante, tipo de petición (con código QR ou sen código QR) e se foi confirmada. Previamente deberás desbloquear o dispositivo (pin, patrón, pegada, recoñecemento facial, etc.).

O menú "Cl@ve Permanente" inclúe as seguintes xestións relacionadas con Cl@ve Permanente:

- Rexenerar código de activación de Cl@ve Permanente. Indica o dato de contraste solicitado en función do documento (data do DNI ou número de soporte do NIE ), confirma o factor de autenticación do dispositivo e accederás ao servizo de rexeneración do código de activación para Cl@ve Permanente.
- Activación de usuario de Cl@ve Permanente. Enlaza a este servizo da páxina web da Seguridade Social desde o navegador predeterminado no teu dispositivo.
- Xestión do contrasinal de Cl@ve Permanente. Permite realizar un cambio de contrasinal, recuperar un contrasinal esquecido ou dar de baixa o usuario de Cl@ve Permanente.
A opción "Revogar o certificado de Cl@ve Sinatura" revoga o certificado electrónico centralizado asociado a Cl@ve Sinatura.

