Xestións dispoñibles na APP-AEAT
Saltar índice da informaciónDébedas: Aprazar e fraccionar débedas
No apartado "Aprazar" do bloque "Débedas" podes "Solicitar adiamento ou fraccionamento de débedas".

Solicitar adiamento ou fraccionamento de débedas
Para acceder á presentación da solicitude de adiamento cómpre estar rexistrado no sistema Cl@ve, dispor de certificado electrónico software (sistemas Android e iOS) ou DNI electrónico (sistema Android). É posible acceder en nome propio ou como representante; confirma a opción seleccionada e, na seguinte xanela, se accedes como representante, cobre o recadro do NIF do obrigado que solicita o adiamento ou fraccionamento e pulsa "Aceptar".

Entrarás na alta da solicitude en que podes cubrir ata un máximo de 5 débedas coa súa clave de liquidación e o importe, non introduzas ningún signo no número enteiro e separa os decimais por unha coma.

A continuación, móstranse as débedas que seleccionaches para a solicitude do adiamento. Escolle o tipo de garantía entre "Exención" e "Garantía (con ou sen dispensa)". Despois, cobre os datos da domiciliación bancaria. Podes indicar unha entidade COLABORADORA española na xestión dos tributos ou unha entidade NON COLABORADORA española ou entidade ESTRANXEIRA da zona SEPA (pode comportar gastos de xestión).
Comproba a proposta de pagamento: o número de prazos de duración (periodicidade mensual) e a data do primeiro prazo.
Ao final da xanela, se o consideras conveniente indica o motivo da solicitude.

pulsa "Asinar Enviar"; a continuación, marca o recadro "Conforme" e de novo "Asinar e Enviar".
Obterás o detalle da solicitude dada de alta coa data, o código asociado ao teu expediente, o CSV (Código Seguro de Verificación) e as débedas e importes incluídos na solicitude.
