Solicitude dun certificado tributario de residencia fiscal
Introduce os datos solicitados no formulario.En caso de actuar a nome de terceiros, marca a casa correspondente e indica os datos que solicitados no formulario.Fai clic en "Validar solicitude";a continuación, revisa que os datos sexan correctos e pulsa "Asinar e Enviar".
Por último, marca a casa "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar".
Sempre que sexa posible, obterase o certificado de forma inmediata, aínda que sempre estará dispoñible se se accede co mesmo certificado electrónico co que se solicitou, a través da opción "Consulta de certificados expedidos", dentro das xestións relativas a "Certificados".Ademais, co CSV asociado á devandita presentación, poderase recuperar o documento dende o "Cotexo de documentos mediante código seguro de verificación (CSV)".
A certificación tamén poderá solicitarse na Administración ou Delegación da AEAT que corresponda ao domicilio fiscal mediante a presentación do Modelo 01.
Se o contribuínte solicita por Sede Electrónica o certificado pero non cumpre os requisitos para emitirllo no momento, permíteselle completar a solicitude, xérase un documento de denegación do certificado e ofrécese unha alternativa para seguir coa tramitación sen acudir á Administración.Para iso, será necesario acceder á xestión "Presentar documentos e/ou alegacións"De expedición de certificados tributarios de residencia fiscal, para achegar a documentación xustificativa da residencia fiscal en España e reabrir así o expediente.
A través de "Os meus Expedientes" pódese acceder ao estado de tramitación da solicitude.
Recorda que, para acudir á Administración a tramitar a certificación, é necesario ter solicitado antes cita previa.
Convén ter en conta que, en relación ao formato da certificación, o espazo dedicado ao código de barras, número de comunicación e domicilio para efecto de notificacións situado na parte superior dereita do documento, pode variar en función da forma de entrega da certificación, non mostrándose estes datos en certos casos.
Non obstante, a autenticidade do documento obtido poderase verificar en calquera momento mediante o Código Seguro de Verificación (CSV) que figura xunto á firma electrónica deste, a través do apartado "Cotexo de documentos mediante código seguro de verificación" dispoñible na sede da Axencia Tributaria.