Petición de cita previa para colaboradores a través de internet
A Axencia Tributaria ofrece un servizo de solicitude de cita previa por internet para acudir á Administración.
Os colaboradores sociais dispoñen dun acceso específico ao servizo de cita previa con certificado electrónico para solicitar as citas propias ou as dos seus representados.Se este é o teu caso, fai clic en "Solicitude de cita previa para colaboradores sociais"E elixe o certificado do colaborador.
Para solicitar unha cita, entra en "Petición de citas novas".
En primeiro lugar, selecciona directamente o procedemento ou servizo para o que se pide a cita.Os servizos móstranse agrupados en categorías.Se tes dúbidas sobre cal escoller, sitúa o cursor sobre a icona da interrogación para obter máis información sobre cada un deles.Neste paso podes escoller ata 3 servizos distintos para esta cita.
Neste primeiro paso tamén debes indicar un número de teléfono para que a Axencia Tributaria poida poñerse en contacto contigo, se fose necesario, ademais, se o desexas podes solicitar o envío dun recordatorio da cita que recibirás nese mesmo momento tanto por SMS ao teléfono móbil indicado como por correo electrónico.Por último, pulsa "Solicitar Cita".
A continuación, poderás indicar se a cita é para unha xestión propia ou para os teus representados.Marca as casas que correspondan e pulsa o botón "Engadir cita" para incluír novos contribuíntes.Introduce o NIF e primeiro apelido de cada un deles e escolle o servizo para o que queres a cita dos seleccionados anteriormente.Ten en conta que só poderás pedir 9 citas por servizo e día e que para a túa comodidade se reservarán de forma consecutiva.
A continuación, escolle a oficina da Axencia Tributaria á que desexas acudir.Podes elixir unha oficina da Axencia Tributaria correspondente ao teu domicilio fiscal ou a un código postal distinto ao teu, sempre que preste servizo para eses procedementos.Ademais, podes filtrar a busca de oficinas por provincia no despregable habilitado.
Despois, terás que seleccionar a data da cita.Consulta a axenda de prestación de servizo desa oficina e escolle un día entre os que aparezan dispoñibles.Selecciona un dos horarios dispoñibles e pulsa "Enviar".
A continuación, móstrase a mensaxe de confirmación da cita.Indícanse os datos asociados á cita:o tipo de procedemento, a Administración ou Delegación para a cita, a data e hora e a documentación necesaria.
Se accedes de novo ao menú para colaboradores poderás pedir outra cita ou modificar e anular unha cita xa concedida.Neste último caso, accede a "Xestión de Citas xa concedidas e pendentes de ser atendidas".
Para localizar a cita solicitada para un terceiro podes filtrar por algún dos criterios de busca propostos indicando data da cita ou o destinatario.
Mostraranse os resultados de citas existentes.Activa a casa das citas que queres modificar "Modificar cita/s" ou "Anular cita/s".