Incidencias en instalación e execución da Plataforma Informativas
Saltar índice da informaciónErro "Informativo Installer está danado e non pode abrirse"
Este erro prodúcese no sistema operativo Macintosh, nalgunha das súas versións, ao intentar abrir un programa de axuda instalado desde a páxina da Axencia Tributaria. Gárdase correctamente o ficheiro de instalación pero dá erro ao executaro.
Para poder abrir o ficheiro de instalación do programa cómpre dar permiso de execución desde a configuración de seguridade. Para iso accede a "Finder", "Aplicacións", "Preferencias do sistema ", "Seguridade e Privacidade".
Marca a opción "Calquera sitio" dentro do apartado para permitir as aplicacións descargadas (por defecto aparecerá marcada a opción "Mac App Store e desenvolvedores identificados"). Para marcara pode que teñas que desbloquear as opcións facendo clic no cadeado colocado na esquina inferior esquerda.
Unha vez marcada a opción "Calquera sitio" pecha de novo o cadeado facendo clic sobre el. A continuación, reintenta a execución do ficheiro. Non cómpre volver realizar a descarga do mesmo.