Modelos do 349 ao 721
Saltar índice da informaciónModelo 721
O acceso á presentación do modelo 721 pode realizarse con certificado electrónico, DNI electrónico ou con Cl@ve. Ademais do titular da declaración, a presentación pode realizara un terceiro que actúe no seu nome como representante.
Na pestana "1. Cubrir Solicitude" selecciona o "Exercicio" da declaración, indica o "IDE rexistro de Detalle" (é un campo a elección do declarante, que debe ser único, xa que, unha vez utilizado, non pode volver usarse no mesmo exercicio ao que se refire a declaración) e a "Condición do declarante "no desdobrable, que pode ser: titular, autorizado, beneficiario, con poder de disposición e outras formas de titularidade real.
A continuación, segue cubrindo o resto de apartados, os campos marcados con asterisco son obrigatorios, aínda que recomendamos cubrir todos os campos para evitar erros ou avisos.
En "Datos Declarantes" indica o NIF do declarante, Nome ou razón social e NIF do representante legal se o houbese. Ademais, facilita un teléfono, apelidos e nome da persoa de contacto.
En "Datos Persoa Entidade Salvagarda" indica o nome e razón social, en "Tipo de identificación" vén marcado por defecto " NIF" e o recadro para inforducir o NIF, non obstante, podes marcar a opción "Outra" e seleccionar no desdobrable o tipo de identificación correspondente: NIF - IVE , pasaporte, documento oficial de identificación expedida polo país ou territorio de residencia, certificado de residencia e outro documento probatorio. Se o tipo de identificación é NIF - IVE non cómpre que se cubras o campo "Código País", para o resto de opcións será un campo obrigatorio.
A continuación, indica o resto de datos da Entidade Salvagarda.
No apartado "Datos Moeda" rechea todos os campos, para coñecer o tamaño máximo dos campos "Número de moedas virtuais", "Valor Moeda Virtual" e "Saldo Moeda Virtual" mantén o rato enriba do símbolo da interrogación (?). Ten en conta que os decimais deben separarse utilizando o signo do punto (.) en lugar de coma (,).
Para coñecer a información que debes introducir en cada campo, por exemplo, "Orixe Valor/Cotización" e "Orixe Moeda Virtual" podes consultar o documento "Contido da declaración informativa sobre moedas virtuais situadas no estranxeiro, modelo 721" dispoñible no apartado "Información".
O campo "Data Fin Condición" non se cobre se a orixe da moeda virtual é declarada por primeira vez ou foi declarada en exercicios anteriores.
Por último, pulsa o botón "Validar" para comprobar se hai algún erro ou podes continuar coa presentación do modelo.
No caso de que houbese algún erro, terás a descrición do mesmo na parte superior e a opción de "Ir ao erro "que che levará ao recadro correspondente para corrixiro. Se todo é correcto, poderás continuar para asinar e enviar a declaración.
Na pestana "2. Asinar e enviar Solicitude" obterás o resumo dos datos introducidos, comproba a información que vas enviar, se os datos son correctos, pulsa "Asinar e Enviar".
Despois, na xanela de confirmación de datos, marca o recadro "Conforme" e fai clic no botón "Asinar e Enviar" para terminar a presentación.
Se a presentación é correcta, pasarás á pestana "3. Recibo de Presentación" co seguinte aviso: "A alta de operación procesouse correctamente" e o Código Seguro de Verificación (CSV). Debaixo, o "Formulario de Presentación de Datos Rexistrados" que presentaches.