Como acreditarse para obter un certificado electrónico
Saltar índice da informaciónComo acreditarse se está fóra do territorio español
Os cidadáns non residentes en territorio español poderán xestionar o seu certificado electrónico a través das Oficinas Consulares de España no estranxeiro, sempre que se trate dun certificado da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.
Para obter o certificado a través dunha entidade emisora diferente á FNMT, cómpre contactar coa devandita entidade se existe esa posibilidade.
A obtención dun certificado da FNMT consta basicamente de tres pasos: solicitude a través da páxina web da FNMT, acreditación persoal no consulado ou embaixada (debe achegar o código que se obtén no momento da solicitude e a documentación solicitada) e, por último, descarga do certificado tamén desde a páxina web desta entidade certificadora. O cuarto paso recomendado é a realización dunha copia de seguridade do certificado obtido que lle permita recuperaro se cumprise.
Na páxina web do CERES (Certificación Española) dispós de máis información sobre este procedemento. Non obstante, tamén podes contactar co seu Servizo de Atención ao Cliente enviando un correo electrónico a ceres@fnmt.es.
As persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica non residentes en territorio español tamén poderán xestionar a obtención do certificado electrónico da FNMT a través das Oficinas Consulares de España no estranxeiro habilitadas para iso.