Certificados electrónicos en dispositivos móbiles IOS
Saltar índice da informaciónIOS - Cuestións xerais no uso de certificados
Podes utlizar o teu certificado electrónico en dispositivos móbiles co sistema IOS na páxina web da AEAT
- Co teu dispositivo poderás:
- Importar certificados enviados como adxuntos a un correo electrónico.
- Utilizar os certificados electrónicos para identificarse no navegador Safari.
- Non será posible:
- Solicitar ou descargar certificados de usuario.
- Crear copias de certificados instalados (exportar).
Para comprobar a versión do sistema, entra en "Axustes" do teu dispositivo, fai clic en "Xeneral" e en "Información" busca o apartado "Versión".Recoméndase unha versión 9 ou superior.
O navegador recomendado é "Safari" debido a que "Mozilla Firefox" e "Google Chrome" non xestionan certificados.
Se tes dificultade en visualizar todo o contido da páxina web desmarca o bloqueador de elementos emerxentes (podes volver marcalo unha vez rematado o trámite).
Accede ao menú "Axustes" do sistema e selecciona "Safari".A continuación desactiva a casa "Bloquear ventás".