Certificados electrónicos en dispositivos móbiles iOS
Saltar índice da informacióniOS. Como importar o seu certificado electrónico
Para importar un certificado electrónico ao dispositivo móbil cómpre dispor dunha copia válida do mesmo. A icona dunha copia válida será un sobre aberto cun certificado asomando e unha chave, e a extensión.pfx ou.p12.

É recomendable utilizar copias de seguridade con contrasinal.
O primeiro paso é enviar unha copia do certificado electrónico ao dispositivo móbil, por correo electrónico.
No dispositivo, abre o correo electrónico e garda o arquivo coa copia do certificado na APP de arquivos do dispositivo ou na nube. Non executes o arquivo directamente desde o correo.

Accede á APP onde gardáchelo (por exemplo "Documents") e pulsa sobre o arquivo.p12 ou.pfx para que se abra o asistente de importación e selecciona o dispositivo móbil iPhone. Unha vez seleccionado o dispositivo, indicarache: "Perfil descargado".

Entra en "Axustes" do sistema. Pulsa sobre "Perfil descargado" e indica o contrasinal do certificado para poder instalaro, pulsa seguinte e, se o contrasinal é correcto, pulsa "Instalar".

Pedirache o código de desbloqueo do dispositivo móbil.

Tras pulsar de novo en "Instalar", pedirache o contrasinal de apoio da copia do certificado electrónico. Pulsa "Seguinte" e, se todo é correcto, aparecerá a xanela "Perfil instalado".

Para comprobar que o certificado está instalado correctamente accede, desde iOS 15 e posteriores, a "Axustes", Xeral", "VPN e xestión de dispositivos". O teu certificado electrónico debe aparecer en "Perfís de configuración".

Poden existir varios certificados no sistema; non obstante, non é posible importar a mesma copia dúas veces (nomear a copia non é suficiente, cómpre volver obtera). Neste caso aparecerá repetido na lista de certificados dispoñibles.

Se se importa o certificado utilizando unha nova copia de seguridade si permíteo, aínda que se trate dun certificado xa existente.
