Certificados electrónicos en dispositivos móbiles Android
Saltar índice da informaciónAndroid.Cuestións xerais no uso de certificados
Podes utilizar o teu certificado electrónico en dispositivos móbiles Android na páxina web da AEAT.
Co teu dispositivo Android poderás:
- Utilizalo nos navegadores "Internet" e "Google Chrome".
- Importalo dende unha copia de seguridade enviada por correo electrónico ou dispoñible en tarxeta SD, por exemplo.
Non será posible:
- Solicitar o certificado.
- Descargalo.
- Facer copia de seguridade dun certificado xa instalado.
- Renovar o certificado electrónico.
A versión recomendada é 5 ou superior.Para comprobar a versión do sistema, entra en "Axustes" do teu dispositivo, fai clic en "acerca do dispositivo/teléfono" e "Versión de Android".
Os navegadores recomendados son "Internet" ou "Google Chrome" debido a que Mozilla Firefox non xestiona certificados.Nalgúns dispositivos Android é posible que só se dispoña de "Google Chrome" e que este sexa o navegador predefinido.
Se tes dificultade en visualizar todo o contido da páxina web desmarca o bloqueador de elementos emerxentes (podes volver marcalo unha vez rematado o trámite).
Se utilizas o navegador integrado "Internet" accede ao menú "Axustes", "Avanzados", e desactiva "Bloquear pop-ups" ou "Bloquear ventás emerxentes".
Se utilizas o navegador Google Chrome accede ao menú "Axustes", "Configuración de sitios web".
Despois localiza o apartado "Ventás emerxentes" (por defecto aparece "Con bloqueo") e activa a opción para permitilas.