Certificados electrónicos en dispositivos móbiles Android
Saltar índice da informaciónAndroid. Como importar un certificado electrónico
Para importar un certificado electrónico ao dispositivo móbil cómpre dispor dunha copia válida do mesmo. A icona dunha copia válida será un sobre aberto cun certificado asomando e unha chave, e a extensión.pfx ou.p12.

Pódese importar unha copia do mesmo certificado varias veces. Se se indica o mesmo nome se sobrescribirá. En caso contrario, aparecerá repetido na xanela de selección de certificado ao asinar, con cada nome que se establecese.
Existen varias opcións para importar unha copia do certificado dependendo da situación do arquivo:
Importar unha copia desde o correo electrónico
Hai que acceder ao certificado, enviado como un arquivo adxunto ao correo electrónico. É recomendable acceder ao correo por medio do navegador, desde a versión web, e non a través da app de correo habitualmente instalada nos dispositivos móbiles. Recoméndase utilizar Google Chrome, Microsoft Edge ou Mozilla Firefox desde a versión 144.0.2.
- Accede por medio do navegador ao correo electrónico.
Nota: en case todos os casos, ao intentar acceder á conta de correo por medio do navegador, a páxina web convida a quen accede a que o faga por medio da APP . Neste caso debes marcar "Usar versión web".

-
Unha vez dentro localiza o correo que teña adxunta a copia do certificado (extensión.PFX ou.P12). Ao descargar o arquivo iníciase o asistente de instalación.
Notas:
- É posible que debas permitir a descarga de arquivos no navegador.
- Tamén é posible que o sistema pregunte con que aplicación quérelo abrir. Nese caso selecciona "Instalador de certificados" de Android.

-
Escribe o contrasinal de apoio da copia e unha vez introducida fai clic en "Aceptar". Se non se ten establecido un Patrón ou PIN de bloqueo (en función da versión de Android pode requirir un ou outro) o sistema non permite a instalación do certificado.

-
Se o pregunta, elixe o tipo de certificado ("Certificado de usuario de VPN e aplicacións") e pulsa "Aceptar".

-
Por último, pode modificarse o "Nome do certificado "(posiblemente aparecerá un código de letras e números), despois fai clic en "Aceptar".

Por último, introduce o PIN ou patrón de desbloqueo para finalizar a instalación (se non o hai, obrigará a establecero). Se é o primeiro certificado que se instala tamén pedirá o PIN do dispositivo. O certificado electrónico queda instalado.
Importar unha copia desde calquera situación do dispositivo
Pode importarse o certificado desde calquera situación do dispositivo, non só desde a memoria SD. Se é desde unha memoria SD, accede á icona "Axustes", "Contrasinais e Seguridade", "Privacidade" "Cifrada e credenciais", "Instalar certificados desde SD.".

Por defecto mostra as copias de certificados dispoñibles na tarxeta SD. Unha vez importouse unha copia, desaparece da tarxeta SD. e polo tanto da listaxe. Se non tes a copia na tarxeta SD, deberás explorar os teus arquivos para encontraro.
En caso de ter a copia fóra do dispositivo, pódese volver importar.