Certificados electrónicos en dispositivos móbiles Android
Saltar índice da informaciónAndrid. Como eliminar un certificado electrónico
Android versión 7 e posteriores
Accede a "Axustes" e seleccionea "Pantalla Bloqueo e seguridade", "Credenciais de usuario". Mantendo pulsado o certificado que desexas eliminar, aparecerá unha xanela coa información do certificado e co botón "Eliminar".
Android versión 6
En Android 6 e inferiores non é posible eliminar os certificados instalados dun nun , senón que se eliminarán todos simultaneamente. Hai que comprobar que se dispón de copias de seguridade de todos os certificados instalados antes de proceder a eliminaros. A copia válida dun certificado electrónico ten extensión.pfx ou.p12.
Para eliminar os certificados accede a "Axustes", "Seguridade" e pulsa: "Borrar credenciais" e a continuación "Aceptar". Nese momento quedarán todos os certificados (certificados de usuario e certificados raíz instalados manualmente) suprimidos.
Para volver instalaros consulta a axuda "Como importar unha copia válida do seu certificado electrónico en dispositivos Android".