Instalación do certificado noutro equipo ou navegador
Para instalar un certificado electrónico en formato software noutro navegador de Internet debe:
- Obter unha copia de seguridade do certificado electrónico
- Importar a copia do certificado no navegador correspondente
Se o certificado electrónico está instalado nun navegador de Internet e desexas tero tamén nun navegador distinto (do mesmo ou outro equipo), cómpre obter primeiro unha copia de seguridade do mesmo.
Se xa realizaches a copia do certificado poderás identificara por ser un arquivo con extensión.pfx ou.p12. A icona dunha copia válida será un sobre aberto cun certificado asomando e unha chave.
Se a extensión do arquivo é.cer, a copia non dispón da información persoal necesaria para asinar trámites que requiran identificación. Polo tanto, a devandita copia non é válida.
Nas axudas "Como realizar unha copia de seguridade do seu certificado electrónico" e "Como importar unha copia de seguridade do certificado electrónico" encóntranse as instrucións para a exportación e importación en función do navegador e sistema operativo utilizados.