Como realizar unha copia de seguridade do seu certificado electrónico
Saltar índice da informaciónLinux - Copia do certificado no Mozilla Firefox
Para realizar a copia dun certificado no Mozilla Firefox accede ao menú "Editar", "Preferencias".
Fai click en "Privacidade e seguridade", "Seguridade", "Certificados", "Ver certificados"
Na nova xanela, selecciona a pestana "Os seus certificados". Marca o certificado correspondente e pulsa o botón "Facer copia...".
Selecciona unha situación para gardar a copia e establece un nome para o arquivo. Fai click no botón "Gardar".
Se hai un contrasinal mestra establecida hai que introducira para poder seguir coa copia do certificado. Se non aparece ningún mensaxe sobre o contrasinal mestra segue adiante.
A continuación solicitarase introducir e confirmar o contrasinal de apoio para protexer a copia do certificado.
Se todo é correcto aparecerá unha mensaxe que indica que a copia de seguridade se realizou con éxito e o arquivo obtido terá extensión.p12.